27/1/12

ANUNCIO do 17 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, polo que se acorda someter a información pública o borrador do anteproxecto da Lei de caza de Galicia.

ACORDO: Someter a información pública o borrador do anteproxecto da Lei de caza de Galicia, por un prazo de trinta días hábiles, contados desde o seguinte ao da finalización do prazo de vinte días previsto no Anuncio do 23 de decembro de 2011. O borrador do anteproxecto da Lei de caza de Galicia poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas: http://medioambiente.xunta.es/disposicionsXerais.do

As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas á Subdirección Xeral de Recursos Cinexéticos e Piscícolas (Dirección Xeral de Conservación da Natureza), en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou a través da devandita páxina web.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2012. José Antonio Fernández Vázquez Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

FONTE: D.O.G. Nº 19 DO 27 DE XANEIRO DE 2012