12/7/11

Más dinero para las ayudas para daños producidos por el lobo

ORDE do 4 de xullo de 2011 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 14 de decembro de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo, e se convocan para o ano 2011.
A Orde do 14 de decembro de 2010 establece as bases reguladoras e convoca para o ano 2011 as axudas para paliar os danos producidos polo lobo.

No seu artigo 11 precísase a aplicación orzamentaria e o importe previsto para o financiamento das axudas e establece que o importe poderá ser incrementado de acordo co establecido no parágrafo primeiro do artigo 9.6 da mesma orde.

A dotación inicial resultou insuficiente para cubrir o total do gasto necesario para atender as solicitudes do período anual establecido.

Consecuentemente con todo o anterior, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Amplíase a dotación orzamentaria que se establece na Orde do 14 de decembro de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo, e se convocan para o ano 2011.

Ano 2011: 11.901 euros.

Con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.541.B.470.1.

Disposición derradeira única.

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2011.

Samuel Jesús Juárez Casado
Conselleiro do Medio Rural