17/6/11

A INFORMACION PUBLICA: SOLICITUD DE SEGREGACION / AMPLIACION DEL TECOR OU-10.131 "CORTEGADA"

Consellería de medio Rural. Xefatura territorial Ourense. Servizo de Conservación da Natureza. Expediente: 05/11

Na Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Medio Rural (Servizo de Conservación da Natureza) presentouse un acordo de cesión de dereitos cinexéticos de predios privados do Tecor “Quintela de Leirado”, OU-10.072 a favor da entidade titular do Tecor lindeiro “Cortegada”, OU-10.131, que aceptou esa cesión. Os terreos supoñen un total de 160,50 ha de terreos continuos no concello de Ramirás.


Unha vez vista a solicitude e tendo en conta o establecido no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro), este servizo publica este anuncio coa finalidade de que calquera persoa, física ou xurídica, poida no prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio, examina-lo expediente e presenta-las alegacións que considere oportunas no Servizo de Conservación da Natureza, dependente da Xefatura Territorial en Ourense da Consellería de Medio Rural (rúa do Paseo, 18, 3.º).

Ourense, 18 de maio de 2011. O xefe territorial.

Asdo.: Ricardo Ignacio Vecillas Rojo.



FONTE: B.O.P de Ourense do 17/06/2011