11/4/11

INFORMACION PUBLICA: SEGREGACION DO MVMC ALBITE RICOBANDA DO TECOR PO-10.042

Consellería do Medio Rural. Xefatura Territorial. Pontevedra

Edicto: As Comunidades de Montes Veciñais en Man Común de Albite Ricobanca, do concello de Beariz, solicítalle ó Servizo de Conservación da Natureza, da Consellería de Medio Rural, que se lle conceda a segregación dos montes comunais integrados no TECOR denominado “Forcarei”, matrícula PO-10.042, do concello de Forcarei. Mediante este edicto publícase que o expediente está a disposición de todos aqueles que poidan ter interese nel, no Servizo de Conservación da Natureza, na rúa Fernández Ladreda, 2ª planta, durante un prazo dun mes, contados a partir da data da publicación deste edicto, podendo formula-las alegacións que estimen oportunas. Publícase isto en virtude do disposto no artigo 14.2 da Lei 4/1997 de caza de Galicia.
Pontevedra, 18 de febreiro de 2011. O xefe territorial.
Asdo.: Gerardo Zugasti Enrique.


FONTE: B.O.P. DE OURENSE Nº 82 DO 11/4/2011