4/3/11

EDITORIAL DO BOLETIN INFORMATIVO DE UNITEGA: TECORes MARZO 2011

Os danos do xabarín!!!

Pasou a temporada de caza 2010-2011, ven o tempo de continuar a xestión para a recuperación do noso monte, da nosa caza (menor), esa laboura que é tan custosa e cuantificable nos nosos tecores mais, pola contra que resulta imperceptible pola maioría dos cazadores e dos nosos veciños, principiamos outra volta a escornarnos contra ese muro e na fazaña coa ilusión de que este novo ano sexa un pouquiño mellor co anterior, que a menor levante a testa, obxectivo que non conseguimos intento tras intento, non obstante, grazas que se renova o persoal humano para aguantar a ilusión, aínda que para que todo siga igual, voltar o ensaio-erro, ensaio-erro, e sempre temos folgos!

Esta é a foto nunha parte significativa dos tecores, e da consecuencia de non ter nen os recursos nen a potestade de operar nos eidos dos nosos antepasados, nos cales vemos como ano tras ano se tornan máis difíciles de limpar, sementar, en resumen, de xestionar cinexéticamente, pero en realidade non supón exclusivamente un trauma anual que non superemos, trouxo cola! 


No monte arborado sen control, a toxos, xestas, silvas e todas as malas herbas que é capaz de manter a nosa fermosa terra, proliferan especies que hoxe fannos manter atentos e que en moitos casos nos sitúan entre a espada e parede, entre a supervivencia da caza social e a morte por responsabilidade legal, un fenómeno que nen cuadrillas, asexistas e todo un elenco de convidados, que non son cazadores, somos capaces de frear ou estabilizar. É nesta situación como os cazadores convivimos co noso xabarín, tan cobizado como temido polas súas desfeitas no agro.

É bo síntoma que dende a nosa Administración empecen a constatar a realidade que están a padecer os concellos, a xente do campo en xeral, pero sobre todo a encrucillada na que se atopan os moitos Tecores que non resisten o empuxe da caza maior, todos candidatos á desaparición por “responsabilite aguda”. Agradécese que agora alguén se dera de conta de que non somos os culpables. Agradécese o moito que se nos ten en conta para obxectivar os danos do xabarín, cando unicamente se empregan para este tipo de estudo os datos que por lei estamos obrigados a entregar á administración, as nosas follas de resultados. Agradécese ata o pouco que reaccionamos aínda que nos estén a pinchar ou poñer na picota como os únicos responsables para frear o xabarín, agora que se poderá cazar o xabarín todo o ano. É que alguén aínda non se deu conta que cada vez estamos máis solos ante a “responsabilite“???

A resposta da nosa Administración? Pois cun completo e preciso estudio sobre a incidencia do xabarín en Galicia, ou a chamada “cefalea das directivas” dos tecores, e dentro desta teima en simplificar-eliminar problemas, “deséñanse” estratexias acomodadas ó alcance do problema, tiramos varias conclusións para ter unha referencia desta afectación, liberanse algúns recursos económicos en melloras de hábitat para únicamente 24 concellos sentenciados como “obxectivo 1”, e que representan menos do 8% dos concellos, logo ampliase ata o 16% cos concellos que lles tocou en gracia ser “obxectivo 2” para poder autorizar inmediatamente a caza do xabarín sen comprobación dos danos e, por se o caso crease unha última denominación segundo a afectación que non conleva ningún tipo de mellora que non tivera plantexado ou recollido calquera Orde de vedas anual no referente ós danos provocados polo xabarín mais, é unha base para entrar no selecto grupo de afectados que supón o 28% dos concellos do país. Alguén ten coñecemento do que está a acontecer no 72% dos concellos de Galicia co xabarín? É que o abandono do campo, a reforestación espontánea e o cambio de cultivos só afecta ó 28% dos concellos de Galicia? É que unha vez que facemos o acto de contricción coas causas, xa empezamos a remexer fórmulas para disimular a realidade do que está a supoñer o avance desta especie tan familiar e das súas consecuencias?

Mirade, asemade isto acompáñano dun fermoso e sobre todo mediático “calendario cinexético” no cal, en teoría, se pode cazar permanentemente o xabarín, de tal xeito que calquera propietario/a afectado/a polos danos producidos polo xabarín comprenderá as “facilidades” que temos para controlar esta poboación tan característica e, por tanto incidir na nosa capacidade e obriga que imos ter nos tecores ó desenvolver a caza maior, somos o foco de atención e o patolóxico, a “responsabilite” máis enriba nosa, a administración ven de desfacerse circunstancialmente dun grande lastre, asimila a nosa problemática, é consciente pero arránxense vostedes señores da licencia de caza, non vos semella ter xa alguén ás costas disposto a sancionarnos por errar o noso disparo ó xabarín durante a vindeira temporada na nosa obriga de cumplir co cupo que determina a lotaría do noso plan de ordenación cinexético?

E nesto tamén hai cómplices, interesados por suposto, senón en que se concretou a participación da FGC e da Aproca neste estudo de postín, de cortina de fume ás portas dunhas eleccións municipais? Pois á administración foilles ben doado conseguir que alguén moi concreto e tan “representativo” fixese o papel de “parvo útil” para continuar a escribir sobre papel mollado. Algún dos moitos tecores que, dun xeito ou doutro estamos asociados con estes asinantes do estudo, fomos requeridos ou preguntados sobre a participación e alcance neste tipo de análises? A resposta é obvia, tocoulles facer o mesmo papel que fixeron recentemente os sindicatos estatais, vendendo as nosas pensións, alongando a nosa idade de xubilación e incrementando o período de cotización, é para qué? ... !!! Esta xente ten moita altura de miras, moita responsabilidade coa caza en Galicia e por iso, a parte das actuacións “localizadas” falan, do futuro, da necesidade de promover cambios lexislativos a nivel estatal e autonómico, e de fórmulas para a corresponsabilidade, ou dunha mudanza nos seguros agrarios para asumir os danos das especies silvestres, compañeiros/as, agora si falamos!, pero isto é o futuro, e o futuro non é nin hoxe nin mañá, e todos sabemos que os remendos, os apaños, ó final non serven, queremos unha clase política que sexa tan comprometida na solución dos nosos problemas e da problemática social como os que acarrea o xabarín en Galicia, como son os milleiros de cazadores que sofren o martirio da “responsabilite” día tras día e, o que é máis nefasto, euro tras euro.

E alguén nos poderá dicir que en todo este velorio, todo sexa unha crítica, unha inventiva, un non avalar solucións, non arrimar o lombo. Mais alguén tamén seguro tirou boa nota da nova designación que se lle da ó xabarín, agora fúxese da especie cinexética, da peza de caza, o problema é dunhas dimensións tan fortes que o medo a que a morte por “responsabilite” dos Tecores poida afectar da mesma patoloxía á Administración que, enfíamos polas ben chamadas especies silvestres e, cando dicimos isto automáticamente saltan á palestra a Lei do Patrimonio Natural e da Biodiversidade ou a Lei da Responsabilidade Medioambiental, pois ben, cando hai determinación, interese e traballo, tamén hai solucións posibles, dende hai varios anos a UNAC (Unión Nacional de Asociacións de Cazadores), da cal forma parte Unitega, está a facer un esforzo en concienciar e atopar vías de encontro para a convivencia das especies cinexéticas/fauna silvestre e entre o noso colectivo e os responsables institucionais e políticos de todo tipo pois, o problema pequeno non é, cando nos afecta a unha boa parte do norte do estado español, para cando pouco que na nosa terra esta problemática represente unicamente menos dun tercio dos nosos concellos!!! Este traballo ademáis está concretado xa dende comezos de marzo do ano pasado, nunha proposta denominada “Solución ós Sinistros Provocados polas Especies da Fauna Silvestre” ( “Proposta SPEFS” e que está dispoñible neste enderezo electrónico http://www.unacaza.es/documentos/Propuesta_SPEFS.pdf ), elaborada dende dentro da UNAC para aproximar solucións efectivas, concretas e con visión de país e, que sen dúbida serían a solución para a nosa “responsabilite”.

Esta proposta está baseada na asunción dos danos que poida provocar a totalidade da fauna silvestre para evitar a problemática social que conleva, ó tempo que se abordan as responsabilidades xerais para a conservación do noso patrimonio natural e a biodiversidade, mediante fórmulas que necesariamente implican modificacións lexislativas e a garantía do Estado e do Consorcio de Compensación de Seguros, resumido doutra maneira, unha solución baseada en poñerlle o cascabel ó gato, sinxelamente, algo do que no contexto actual, os que xa tiñan que asumir a nosa “responsabilite”, non fan porque non somos nen o suficientemente solidarios e intelixentes para recoñecernos nen os erros nen as virtudes dos compañeiros de viaxe nesto da caza e, porque disto son conscientes os nosos representantes institucionais e políticos. Cazador/a, mentres non asimilemos isto e teñamos a capacidade de poñer en común e a determinación firme en resolver os nosos problemas, non conseguiremos avanzar deica a concreción das solucións, mentres, seguiremos con parches, calmantes, locións, cremas, que se chamarán “estudo dos danos producidos polo xabarín” ou de calquer outra maneira, “responsabilite”, “responsabilite”, ... , a alguén lle sona isto???