24/1/11

Anuncio do 17 de decembro de 2010, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica a resolución do recurso de reposición interposto por Enrique Neira Tato en representación da sociedade de caza Monte Cibreiro, no procedemento de ampliación do Tecor Touro C-10.111.

De conformidade co disposto nos artigos 59º.5 e 61º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de correos, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio, a resolución do recurso de reposición interposto por Enrique Neira Tato en representación da sociedade de caza Monte Cibreiro, no procedemento de ampliación do Tecor Touro C-10.111.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Subdirección Xeral de Recursos Cinexéticos e Piscícolas, situadas na rúa San Lázaro nº 83, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59º.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, consonte cos artigos 10º.1.a) e 46º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2010.
Ricardo García-Borregón Millán
Director xeral de Conservación da Natureza
ANEXO
Procedemento: ampliación do Tecor Touro C-10.111.
Recorrente: Enrique Neira Tato en representación da sociedade de caza Monte Cibreiro.
Acto de notificación: Resolución do recurso de reposición.
Último enderezo coñecido: rúa Goleta 13-Loxo, 15822 Touro, provincia da Coruña.

FONTE: D.O.G Nº 15 do 24/1/20111