5/10/10

ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO SERVIZO PARA A ELABORACIÓN DO BORRADOR DUNHA NOVA LEI DE CAZA DE GALICIA


EXPEDIENTE 2010/37-1

ANTECEDENTES:

O presente expediente instruiuse para a súa adxudicación mediante procedemento negociado sen
publicidade e trámite ordinario, de acordo cos artigos 153 a 162 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de
contratos do sector público (LCSP).
De acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que se aprobou para o
expediente de referencia, así como nos apartados das follas de especificacións, relativos ós criterios para
adxudicación, realizouse unha valoración e estudio das propostas técnicas e ofertas económicas
presentadas sendo o resultado o que aparece reflectido no informe de adxudicación provisional do Servizo
de Caza e Pesca Fluvial (Subdirección Xeral de Recursos Cinexéticos e Piscícolas).
Como resultado da avaliación correspondente, e de acordo coa proposta de adxudicación da Mesa de
Contratación, tendo en conta os artigos 83 e 135 da LCSP, en referencia á esixencia de garantía,
clasificación das ofertas e adxudicación provisional e definitiva do contrato, e ó ao abeiro da Lei 1/1983, do
22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa presidencia e a Orde, do 24 de abril de 2009, da
Consellaría do Medio Rural sobre delegación de competencias no secretario xeral,


RESOLVO:
1.- Adxudicar provisionalmente o contrato nos seguintes termos:
- Empresa adxudicataria: MANZANO, LAMELA, VINAGRE Y ASOCIADOS, S.L. (CIF B15735749)
-Orzamento de adxudicación: Corenta e oito mil trescentos oitenta euros (48.380,00 €) IVE incluído.
2.- Ordenar a notificación desta resolución aos licitadores e a súa publicación no perfil do contratante deste
órgano de contratación (http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=14650) de conformidade co
sinalado nos artigos 42 e 135.4 da LCSP.
3. Durante o prazo de quince días hábiles, a contar dende o día seguinte da publicación no perfil do
contratante desta adxudicación provisional, a empresa adxudicataria deberá acreditar o cumprimento das
obrigas que figuran no Prego de cláusulas administrativas particulares, así como constituír a garantía
definitiva de 2.050,00 € na Caixa Xeral de Depósitos da Xunta de Galicia.
4. A adxudicación definitiva producirase dentro do prazo dos dez días hábiles seguintes a aquel no que
expire o prazo de quince días hábiles para a presentación da documentación polo adxudicatario provisional,
advertindo a este que, de non presentala, non dará lugar á adxudicación definitiva do contrato.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2010
O conselleiro
P.D. (Orde do 24/04/09)
O secretario xeral,
Jorge Atán Castro