22/9/10

APROCA RECIBE 30.000,00 € DE AGADER PARA UN PROYECTO DE DINAMIZACIÓN TURISTICO - CINEGÉTICO EN EL ORIENTE OURENSANO

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL
Resolución do 15 de setembro de 2010 pola que se fai público o resultado do proceso de selección da convocatoria para subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia correspondentes ao ano 2010.
Por Resolución do 15 de decembro de 2009 aprobáronse as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia e convocáronse as correspondentes ao ano 2010 (DOG nº 250, do 24 de decembro). Por Resolución do 20 de agosto de 2010 (DOG nº 174, do 9 de setembro) ampliouse o prazo de execución e justificación dos investimentos vinculados aos proxectos subvencionados no marco da Resolución do 15 de decembro de 2009, e se incrementou a dotación orzamentaria aprobada inicialmente en 8.384.000 euros.
A dotación orzamentaria é a seguinte: Medida Importe 311 600.000, 312 4.458.000, 313 1.440.000, 32110 3.899.557, 32120 1.002.443, 323 600.000, Total 12.000.000. O artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia, dispón que o órgano concedente publicará no diario oficial correspondente as subvencións concedidas. Pola súa banda, o artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas, exixe publicar na páxina web a concesión das subvencións. De acordo co anterior,

RESOLVO:
Facer público, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web de Agader http://agader.xunta.es, o resultado do proceso de concesión das subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para o ano 2010, convocadas por Resolución do 15 de decembro de 2010. Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2010. Antonio Crespo Iglesias Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

D10-31300-1035 Proxecto de dinamización turístico-cinexético no oriente Ourensán .Aproca (Asociación de Propietarios Rurais e Produtores de Caza de Galicia) Orzamento aceptado: 100.000,00 €. Puntuación: 40. % axuda: 46,71. Importe axuda: 30.000,00 €

FONTE: D.O.G. do 22/09/2010