27/7/10

INFORMACION PUBLICA: Creación del Tecor "Herrería de Soldón" y ampliación del Tecor "O Valadouro" de Lugo

Consellería do Medio Rural. Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural en Lugo. Servizo de Conservación da natureza. D. Fernando Morán Castillo, en representación da Sociedade Deportiva de Cazadores Montes de Soldón, solicita a declaración de tecor con 4.462 hás. de superficie total no lugar denominado "Herrería deSoldón" do termo municipal de Quiroga (Lugo), e cos seguintes límites: N- T.R.C.C. de Montouto-A Seara (Quiroga); Tecor LU-10.203 e tecor LU-10.268 de O Courel. S- Tecor LU-10.122 de Quiroga. E- Provincia de León. O- Tecores LU-10.122 de Quiroga, LU-10.203 de O Courel e T.R.C.C. de Montouto-A Seara. Faise público para coñecemento xeral, co fin de que as persoas ou entidades que se consideren afectadas, poidan facer as alegacións que estimen convenientes no prazo de UN MES, dende a súa publicación no BOP. Lugo, 14 de xullo de 2010.- O Xefe do Servizo, Luis González Vázquez. R. 03880
_______________________


Consellería do Medio Rural. Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural en Lugo. Servizo de Conservación da natureza.  D. Manuel Seijas Orol, en representación da Sociedade de Caza e Pesca "O Valadouro", solicita a ampliación do tecor societario LU-10113 "O Valadouro" coas parcelas 1, 3, 4, 5, 7, 9, 10, 11 do polígono 228; parcela 2 do polígono 229 e parcelas 107 e 208 do polígono 64, todos eles terreos propiedade de Norte Forestal, S.A, na parroquia de Miñotos, Concello de Ourol, que supón 262,9804 ha de superficie. O que se fai público para xeral coñecemento co fin de que as persoas ou entidades que se consideren afectadas poidan facer as alegacións que estimen convenientes no prazo de UN MES, desde a súa publicación no BOP. Lugo, 2 de xuño de 2010.- O Xefe do Servizo, Luis González Vázquez. R. 03881

FONTE: Núm. 170 - Martes, 27 de Julio de 2010 B.O.P. de Lugo