30/6/10

INFORMACION PUBLICA: SEGREGACION DE PREDIOS PRIVADOS DO TECOR OU-10.239

Servizo de Conservación da Natureza. Na Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Medio Rural (Servizo de Conservación da Natureza) dona Encarnación Fernández Nogueira presentou unha solicitude de segregación de dous predios privados do tecor societario A Rúa, OU10.239, correspondentes ás parcelas catastrais 685 e 688 do polígono 17 do catastro do concello da Rúa, de 0,1520 e 0,0735 ha de extensión respectivamente, das que é titular.

Unha vez vista a solicitude, e tendo en conta o establecido no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), este servizo publica este anuncio, co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida, no prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio, examina-lo expediente e presentar tódalas alegacións que consideren oportunas no Servizo de Conservación da Natureza, dependente da Xefatura Territorial en Ourense da Consellería do Medio Rural (r/Paseo, 18 - 3º, 32003 Ourense).

Ourense, 25 de maio de 2010. O xefe territorial. Asdo.: Ricardo Ignacio Vecillas Rojo. D.O-P DE OURENSE DE 30/06/2010