4/2/10

INFORMACION PUBLICA: SEGREGACION DE TRES FINCAS DO TECOR SANTA BARBARA OU-10.160

Consellería de Medio Rural. Xefatura Territorial Ourense. Expediente: 07/09Servizo de Conservación da NaturezaNa Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de MedioRural (Servizo de Conservación da Natureza) presentáronse solicitudes de tres titulares catastrais sobre varias parcelas no concello de Cenlle, de segregación dalgúns predios do TECOR societario “Santa Bárbara”, OU-10.160, e sobre declaración doutras, situadas en réxime cinexético común, como refuxio defauna que serán declaradas de oficio (ver folla anexa). Unha vez vista as solicitudes, e tendo en conta o establecidono artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xanei-ro), este servizo publica este anuncio co fin de que calquera persoa, física ou xurídica, poida no prazo dun mes contado apartir da publicación deste anuncio, examinalo expediente e presentar tódalas alegacións que consideren oportunas no Servizo de Conservación da Natureza, dependente da XefaturaTerritorial en Ourense da Consellería de Medio Rural (rúa doPaseo, 18, 3º, 32003 Ourense). Ourense, 2 de decembro de 2009. O xefe territorial. Asdo.: Ricardo Ignacio Vecillas Rojo.
FONTE: B.O.P. DE OURENSE DO 2 DE FEBREIRO DO 2010