22/1/10

Corrección de erros: Orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas paraa conservación das poboacións de caza menor para o ano 2010

Corrección de erros. Orde do 21 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a conservación das poboacións de caza menor, e se convocan para o ano 2010.

Advertidos erros no texto da citada orde, publicada no DOG nº 252, do 29 de decembro de 2009, é necesario facer acorrección seguinte: Na páxina 19.653, no artigo 15º.- Modificación das actividades subvencionadas, onde di: «Calquera modificación quese pretenda realizar nas actividades aprobadas, tanto no referente ao orzamento aprobado como ás distintas partidasque o compoñen, requirirá a aceptación expresa e previa do director xeral de Conservación da Natureza, por delegación do conselleiro do Medio Rural, logo de informe favorable do servizo provincial correspondente. Para tale fecto, realizarase unha proposta de modificación xustificada, que se deberá presentar con quince días hábiles de antelación á súa realización, segundo o modelo do anexo VII», ten que dicir: «Calquera modificación que se pretenda realizar nas actividades aprobadas, tanto no referente ao orzamento aprobado como ás distintas partidas que o compoñen, requirirá a aceptación expresa e previa do director xeral de Conservación da Natureza, por delegación do Conselleiro do Medio Rural, logo de informe favorable do servizo provincial correspondente. Para tal efecto, realizarase unha proposta de modificación xustificada, que se deberá presentar con quince días hábiles de antelación á súa realización, segundo o modelo do anexo VII. No caso de que a modificación afecte só a localización das parcelasen que se vai actuar, deberá presentarse xunto coa solicitude un novo anexo V debidamente cuberto coa relación dasnovas parcelas, e corresponderalle ao servizo provincial a súa autorización ou denegación. O silencio neste suposto terá a consideración de denegatorio».

FONTE: Diario Oficial de Galicia nº 14, do 22 de Xaneiro de 2010