6/12/09

¿QUE DEBE FACER SE LOCALIZA UN ANIMAL FERIDO NO CAMPO?

Un animal silvestre ferido precisa atención especializada, require trata-mento sanitario e un manexo coidadoso que rehabilite con éxito o ani-mal e que conclúa cunha solta posterior no medio natural.Segundo o establecido no artigo 52.3 da Lei 42/2007, de 13 dedecembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade, queda prohibi-do alterar e destruír a vexetación así como dar morte, danar, molestarou inquietar intencionadamente os animais silvestres, sexa cal fose ométodo empregado; esta prohibición inclúe a retención e a captura envivo, recolección e retención dos seus niños, das súas crías ou dos seusovos, estes últimos aínda que estean baleiros. En relación con estes,quedan igualmente prohibidos a posesión, tráfico e comercio de exem-plares vivos ou mortos ou dos seus restos, incluído o comercio exterior.

As ditas prohibicións serán de especial aplicación aos animais silves-tres comprendidos nalgunha das categorías enunciadas no artigo 55.Como unha das excepcións ás ditas prohibicións, no artigo 62.1 da leiestablécese que a caza e a pesca en augas continentais só se poderárealizar sobre as especies que regularmente se declaren como pezas decaza ou pesca, declaración que en ningún caso poderá afectar a espe-cies incluídas no
Listado de Especies en Réxime de Protección Especial.Ao localizar un animal ferido no campo, débese pór en contactoinmediatamente co centro de recuperación de fauna silvestre da súaprovincia ou, no seu defecto, co axente de Conservación da Naturezada zona ou co Servizo de Conservación da Natureza. Logo de estable-cido o contacto, o animal será recollido e trasladado ao centro de recu-peración de fauna silvestre, nun prazo máximo de 24 horas. Baixo nin-gún concepto poderá quedar en posesión do animal.

Durante a espera o máis conveniente é que o animal permanezanunha caixa de cartón do seu tamaño (se as características do animal opermiten) situada nun lugar silencioso, seco e temperado, lonxe depersoas ou outros animais.

Centros de Recuperación de Fauna Silvestre de Galicia

A Coruña: Centro de Recuperación de Fauna Silvestre “Santa Cruz de Oleiros” - Oleiros. Tfno.: 981 62 62 41
Ourense: Centro de Recuperación de Fauna Silvestre “Alto do Rodicio” - Maceda. Tfno.: 988 27 00 54 / Grupo de Acción Ecoloxista Outeiro Seoane s/n O CarballiñoTfno.: 988 27 00 54
Lugo: Centro de Recuperación de Fauna Silvestre “O Veral” - Estrada de Friol-Lugo. Tfno.: 982 20 77 05
Pontevedra: Centro de Recuperación de Fauna Silvestre “Cotorredondo” - Vilaboa. Tfno.: 986 68 02 38 / 908 08 69 05