8/7/09

Samuel Júarez presentou no Parlamento as liñas estratéxicas de Medio Rural para esta lexislatura

Santiago, 26 de xuño de 2009.- O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez Casado, presentou no Parlamento galego as liñas estratéxicas que seguirá o seu departamento durante a presente lexislatura. Unhas liñas “a prol dos homes e mulleres que habitan o rural galego, pero tamén daqueles das cidades que disfrutan deste medio, que teñen vínculos con el, que aprecian a calidade dos produtos agrarios, gandeiros e forestais, e que se preocupan pola sostenibilidade do medio”, segundo salientou Juárez ao comezo da alocución.

......

Noutro aspecto medioambiental, as liñas estratéxicas da acción de goberno de Medio Rural contemplan un programa específico de protección das árbores senlleiras e o desenvolvemento da Rede Galega de Centros de Recuperación de Fauna Salvaxe. O titular da Consellería fixo fincapé asemade no traballo de divulgación e difusión da natureza, e en dar pulo aos programas de recuperación das especies cinexéticas (especialmente coello e perdiz en caza menor, e cabra montés e cervo en maior).

Juárez afirmou igualmente que se traballará en colaboración cos tecores, e incidiu en que “empregaremos esforzos e medios para evitar as tensións sociais que provocan os danos que causan algunhas especies na gandería e nos cultivos agrarios”. Ademais, darase un forte pulo á elaboración de plans de ordenación e xestión dos recursos piscícolas, con especial atención ao salmón atlántico.

FONTE: NOVAS DA XUNTA