27/3/09

NORMATICA DE REFERENCIA SOBRE A VACINACION DOS CANS EN GALICIA

1º Orde do 23 de marzo do 1992 pola que se regula a campaña de vacinación contra a rabia, que no artigo 2º punto 1º establecía como obrigatoria a vacinación antirrábica dos cans da Comunidade Autonoma de Galicia e no punto 2º declarábase obrigatorio o tratamento antiparasitario contra a hidatidose.

2º Orde do 4 de febreiro do 1993 pola que se modifica a anterior, que ratificaba a obriga da vacinación antirrábica dos cans e establecía como voluntaria a dos gatos e volvía a declarar como obrigatorio o tratamento contra a hidatidose.

3º A Orde 15 de febreiro do 1994 pola que se declara á Comunidade Autónoma de Galicia libre de rabia e se estableblecen as normas de actuación fronte á enfermidade, establecía no artigo 1º como libre de rabia á Comunidade Autónoma de Galicia.

Aínda que as disposicións normativas que obrigaban a vacinación antirrábicanon foron expresamente derrogadas, pódese inferir que esta obriga quedou sen efecto pola citada Orde de 15 de febreiro do 1994 pola que se declarou a Comunidade Autónoma de Galicia libre de rabia.

Con respecto a outras enfermidades dos cans nas que existan posibilidades de vacinación e das que existen vacinas autorizadas no mercado (moquillo, leptospirose, parvovirose, etc), non existe ningunha normativa comunitaria, estatal ou galega que estableza como obrigatoria a vacinación fronte a ningunha destas enfermidades para os cáns que permanezan en territorio galego, quedando a criterio do propietario do can a súa administración de xeito voluntario. Somentes, sería esixible a vacinación fronte á rabia no caso de desprazamentos de cans hacia outros estados membros da Unión Europea. Se ademáis eses desprazamentos tiveran finalidade comercial (venda de cans por exemplo) ademais da rabia deberán ter sido vacinados fronte ao moquillo. 

Asimesmo, no resto do Estado, existen Comunidades Autónomas nas que si é obrigatoria a vacinación antirrábica independentemente de que os animais se desprazen ou non hacia territorios fóra da propia comunidade, polo que no caso de desprazamento de cans galegos hacia esas comunidades, é posible que sexa requirida polas autoridades competentes desas comunidades a dita vacinación. Por outra banda, como se indica arriba, a citada Orde de 23 de marzo de1992, declaraba como obrigatorio o tratamento antiparasitario contra a hidatidose. Esta orde non ten sido derrogada polo que esa obriga continúa vixente a día de hoxe.