30/12/22

Artigo 13. Modificación da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galiia

A Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, queda modificada como segue:

A letra c) do número 1 do artigo 72 queda redactada como segue:
«c) Axexo: modalidade practicada por unha soa persoa cazadora que de forma activa e a pé efectúa a busca, seguimento e aproximación á peza de caza maior co finde capturala. Nos parques naturais integrados na Rede de Parques Naturais de Galicia, nos terreos en réxime cinexético común e nos terreos en réxime cinexético especial nos que a titularidade cinexética corresponda á Comunidade Autónoma, esta modalidade só se poderá practicar coa axuda dun garda ou guía».