9/4/17

Medio Ambiente pon en marcha o concurso ‘Cubre o teu pasaporte Galicia Natural e Única’, co fin de promover a riqueza dos parques galegos

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de poñer en marcha o concurso Cubre o teu pasaporte Galicia Natural e única, co que se pretende promocionar o patrimonio natural e cultural da Comunidade galega a través das redes sociales. O concurso consiste en completar a totalidade de cuños que acrediten que os usuarios visitaron cada un dos sete parques de Galicia (os seis naturais: Fragas do Eume, Monte Aloia, Serra da Enciñ a da Lastra, Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, Baixa Limia- Serra do Xurés, O Invernadeiro e o Parque Nacional de Illas Atlánticas) e a primeira persoa que envíe a copia do mesmo, será o gañador do paquete turístico Experiencia no Xurés, co que poderá recorrer este zona en biciclera ou a pé, gozar das beiras do río Caldo, unha ruta pola contorna do Embalse de Salas, ou coñecer as aldeas escondidas do Xurés. >>> VER MAIS >>>