30/3/17

Feijóo avanza a aprobación da Lei de protección e benestar dos animais de compañía para perseguir o maltrato e loitar contra o abandono

Afirma que “buscamos loitar ao máximo contra o maltrato animal, buscamos reducir ao máximo o abandono animal e, por último, sensibilizar, na maior medida posible na necesidade de preservar o benestar animal”

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a aprobación da Lei de Protección e Benestar dos animais de compañía para perseguir o maltrato e loitar contra o abandono. “Buscamos loitar ao máximo contra o maltrato animal, buscamos reducir ao máximo o abandono animal e, por último, sensibilizar, na maior medida posible na necesidade de preservar o benestar animal”, abundou.

Trátase de que Galicia sexa unha comunidade libre de abandono de animais de compañía e que teña unha das lexislacións máis avanzadas da Unión Europea. >>> SIGUE >>>