29/9/18

Cabuxa Natur, unha gandería de referencia en Galicia a piques de pechar polos ataques do lobo

Cabuxa Natur é unha gandería de caprino exemplar e visita obrigada para todas aquelas persoas que queiran ver un modelo de granxa sostible e que aposta pola calidade. A súa propietaria Gemma San Pedro é unha das chamadas “neorurais” que tanto precisa o envellecido agro galego: no 2011 deixou a cidade por unha aldea do concello lucense de Guntín e puxo en marcha dende cero unha gandería de cabra de raza galega e certificada en ecolóxico, creando riqueza e vida no que antes eran terreos abandonados e posible pasto para lumes forestais. >>> VER LA NOTICIA COMPLETA >>>