24/6/17

O 061 estrea unha aplicación móbil para axilizar a atención ás urxencias

Unha aplicación de móbil destinada aos servizos de emerxencia permite localizar o punto exacto das incidencias. Informa sobre a ruta máis rápida e segura, polo que se acurta o tempo de resposta.  




O concello lugués de Mondoñedo é o primeiro en pór en marcha esta ferramenta que facilita o traballo dos equipos de emerxencia nas zonas rurais.

O concello de Mondoñedo, con 14 parroquias e unha gran dispersión territorial, foi o campo de traballo en que se puxo a proba a Isocrona, unha aplicación de móbil que xeolocaliza o punto exacto en que se produce unha incidencia. Unha ferramenta pensada para facilitarlles o traballo na zona rural aos servizos de emerxencia, con información detallada de cada parroquia, lugar ou barrio e casa, habitada ou non. Foi ideada por este técnico do 061 a raíz da súa propia experiencia. 

A aplicación informa ademais da ruta máis rápida e segura para cada servizo de emerxencia.

No caso dos bombeiros, facilítaselles información sobre os puntos de carga de auga. O seu uso permite acurtar de xeito considerable o tempo de resposta. O concello de Mondoñedo é pioneiro no uso desta ferramenta.