9/5/17

O descenso de cabalos no monte aumenta o risco de danos do lobo na gandería


As bestas constitúen en boa parte de Galicia entre o 50 e o 90% da dieta do cánido. A baixada da poboación de equinos preocupa a gandeiros e investigadores, pois está constatada a súa eficacia como vía indirecta de prevención de ataques ó gando

Os montes do centro da dorsal galega, en torno ós concellos de Friol, Curtis e Sobrado, acollían uns 500 cabalos alá polos anos 80. Hai unha década, xa só quedaban 200 e agora non pasan de 50. A evolución é similar noutras comarcas galegas, un escenario que preocupa entre os gandeiros, pois está comprobado que a presenza das bestas reduce os ataques do lobo ás explotacións.

O papel que xogan os equinos púxose de manifesto nunhas xornadas organizadas estes días en Friol polo grupo O Xan, un colectivo conformado por gandeiros, ecoloxistas, cazadores e investigadores que trata de promover o diálogo sobre a xestión do lobo en Galicia. >>> VER NOTICIA >>>