9/7/15

RESPOSTA DA XUNTA DE GALICIA: Consulta 1ª licenza de caza de estranxeiros.

En relación co seu escrito do 13 de abril de 2015, (rexistro de entrada 238/RX685663), comunícolle que tal e como sinala vostede, o artigo 59.6 da Lei 13/2013, de caza de Galicia, establece: "... recoñecerase como válida para obter a licenza de caza de Galicia a documentación de caza equivalente aos/ás estranxeiros/as, nos termos en que os tratados e acordos internacionais e a normativa que poida resultar aplicable determinen...".


En relación co expresado, realizouse unha consulta ao Ministerio de Agricultura Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA), sobre os países homologados para a acreditación da aptitude e coñecementos necesarios para a práctica da caza, obtendo a seguinte relación:
·         Alemaña
·         Austria
·         Bélxica
·         Eslovaquia
·         Finlandia
·         Francia        
·         Grecia
·         Hungría
·         Italia
·         Letonia
·         Noruega
·         Países Baixos
·         Polonia
·         Portugal
·         República Checa
·         Romanía
·         Suecia
·         Turquía
De acordo co anteriormente exposto, calquera cidadán destes países homologados que acredite a tenza dunha licenza de caza en vigor ou documento de habilitación equivalente, poderá obter a licenza de caza en Galicia sen ter que superar as probas de aptitude establecidas na orde do 1 de xuño de 2007 pola que se regula o exame do cazador na Comunidade Autónoma de Galicia.


Dirección Xeral de Conservación da Natureza
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Tlfno: 981 543978 e Fax: 981 957106