11/5/17

Os gandeiros non nos sentimos apoiados ante o lobo

Os produtores critican os retrasos das indemnizacións e un escaso apoio nas axudas á prevención. A caza legal da especie mantense baixo mínimos, con só unha decena de exemplares abatidos en Galicia desde o 2011

O lobo é visto no agro como un mal innecesario, pero a realidade é testán. Houbo, hai e seguirá habendo lobo en Galicia. A poboación do cánido, de feito, recuperouse nas últimas décadas. O número de lobos medra en toda Europa e Galicia non é unha excepción. Hai uns 800 na comunidade, que provocan de media arredor de catro baixas diarias no gando das explotacións galegas.

Os ataques do lobo crean no rural un malestar que atopa unha diana clara na Administración. Cando o pasado fin de semana, unha funcionaria de Medio Ambiente acudiu ás xornadas sobre o lobo organizadas en Friol polo grupo O Xan, no que participan gandeiros, cazadores, investigadores e ecoloxistas, chovéronlle as recriminacións. >>> VER NOTICIA COMPLETA >>>