9/4/17

Galicia será unha comunidade libre de abandono e de maltrato animal fomentando a tenza responsable

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, destacou que Galicia será unha comunidade libre de abandonos e de loita contra os malos tratos, físicos e psíquicos, aos animais. Así llo trasladou esta mañá á presidenta do Partido Animalista (Pacma), Silvia Barquera, durante unha reunión na que lle informou dos avances dados pola Lei de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia, aprobada a semana pasada polo Consello da Xunta. Destacou que a lei nace cun triplo obxectivo, ademais de ser un territorio libre de abandonos e de loitar contra o maltrato animal, súmase o fomento da adopcións dos animais abandonados, e engadiu que con esta nova normativa -que agora iniciará o seu trámite parlamentario- dáse resposta a unha necesidade da Comunidade, como contar cun novo marco normativo para concienciar aos galegos ante os problemas do maltrato, en calquera das súas manifestacións, e do abandono animal. >>> VER MAIS >>>